mércores, 1 de abril de 2020

A búsqueda do tesouro!


Trátase  dun  xogo  onde todos os integrantes da familia poden participar e ser Piratas en busca dun Tesouro.

Para  elo,  deberase  esgochar algún obxecto (tesouro) en calquera parte da vivenda, a cal será debuxada previamente nunha folla de papel, a modo de mapa.



Posteriormente, a persoa que escondeu o obxecto deberá empezar a dar pistas para atopalo.

En cada  rincón do fogar haberá un reto :

- Salón: os coxíns son lavas non poden pisar o chan.
- Corredor: deben gatear e arrastrarse.
-Cociña: pasarán  por baixo das cadeiras.
- Baño:  deberán encher un recipiente con vasiños de auga
-Habitación: rodarán por encima da cama (croqueta)

Cada vez que pasen por unha zona deberán tachala do mapa ata atopar o "tesouro" chegando á zona onde se escondeu;  ahí xogaremos ao frío frío- quente quente para atopalo.

Unha vez rematado podedes escoitar e bailar a canción do Pirata Metepata!!


O pirata metepata

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.