Queredes facer un experimento?? Pois veredes... precisades un prato, leite enteira, colorante alimentario, xabón para a louza e bastonciños.
Como? Primeiro botades leite nun prato. Logo poñedes no centro 3 gotiñas de colorante de diferente cor e por último, mollades o bastonciño no xabón e tocades cada mancha que hai no prato e sorpresa...!!!!
Que pasou? Cando tocamos as cores co xabón, éstas empezan a viaxar dende o centro ó bordo do prato e xa podemos xogar con elas, poñéndoaas a bailar, debuxando formas, liñas... todo co voso bastonciño máxico.
Espero que vos divertírades moitooo!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.