mércores, 1 de abril de 2020

Facemos biscoitos de manteiga?

E si poñemos as mans na masa e facemos uns ricos biscoitos de manteiga cos nenos? Podemos aproveitar que está chegando Semana Santa e facelas con forma de ovo.



Son moi  sinxelas, só precisamos:

   -50 gramos de  manteiga derretida.
   -1 ovo.
   -50 gramos de azucre.
   -170 gramos de fariña. 


Empezamos batendo moito  a manteiga co azucre. Despóis engadimos o ovo e seguimos misturando e finalmente botamos a fariña.  Seguimos amasando coas mans e damos forma a unha boliña.

Estiramos a masa e facemos  ós biscoitos, axudándonos  dun molde, cortapastas, ...ou o que teñamos pola casa que nos sirva para darlle esa forma peculiar de ovo. No centro podemos facer unha flor, ou calquera outra figura que vos guste.
 
 Poñémolas sobre un papel vexetal e metémolas no forno ata que empecen a coller unha cor dourada suave.  E xa están listas para saborear! 

Os nenos poden axudar en todo o proceso: batendo, engadindo, manipulando a masa, dando forma, ... deixade que o disfruten!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.