luns, 11 de maio de 2020

FACEMOS UN CALENDARIO

     Ola familias, hoxe quería animarvos a facer un calendario mensual para seguir cada día cos nen@s. É unha tarefa que xa facíamos nas asambleas no cole e que nos parece moi importante que teña continuidade no fogar xa que lles  axuda moito  a entender algo tan compexo como é o paso do tempo.

     O calendario é unha gran ferramenta educativa onde visualizan os días da semana, o transcurso dos meses, os acontecementos importantes: cumples, celebracións,..

    Traballamos tamén a serie numérica e podedes empregalo ademáis para rexistrar o tempo atmosférico. Como vedes todo son ventaxas. Animádesvos?   Escollede o modelo que máis vos guste!






















       
           Buscade un lugar onde poñelo  e cada día repasade xuntos qué día é hoxe ?   E cal será maña? Podedes rodealo si está en papel e tachar os días que xa pasaron.    Anotade os cumples,  as celebracións e  recordade cáles son os días da semana.


      Non é preciso imprimir o modelo, podedes facelo en cartulina ou goma eva.
   
      Deixade voar a vosa  imaxinación !

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.