O día 9 de maio é o Día de Europa e aparece no calendario escolar como unha conmemoración a traballar. Por iso, propoñemos unha serie de actividades que podedes facer cos vosos fillos e fillas.
Neste mapa podedes marcar cunha frecha onde estamos nós e pintar o país onde vivimos.
Esta é a bandeira da unión europea. Contade cantas estrelas hai! Podedes pintar o exemplo que vos poñemos ou podedes facela vos nun folio. Pintamos o folio de azul e despois podedes pegarlle gomets de estrelas ou facerlle vós as estrelas de amarela para pegarllas.
Podedes facer tamén unha coroa coa bandeira que máis vos guste. Aquí tedes dous modelos de bandeiras para colorear. Pero senón podedes coller o modelo sen raias e facer outra ou inventar unha para a vosa casa. Tedes o listado de bandeiras e un mapa da ubicación de cada país máis abaixo.
Tamén podedes facer unha baralla de cartas con bandeiras. Precisades dúas bandeiras de cada país para facer un Memori. Podedes empezar facendo dous ou tres países e ir aumentando a medida que acerten as parellas. Para xogar ao memori simplemente hai que darlle a volta ás bandeiras. O neno ten que levantar dúas. Se acerta queda con elas e se falla ten que volver a darlle a volta.
Aquí tedes varios contos de diferentes países. Seguro que moitos vos sonan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.