O equipo de Educación Infantil quere propoñervos tarefa para o día do pai. A pesar de que, dende a escola, non traballamos nin o día do pai nin da nai debido á diversidade familiar, sabemos que os pais sempre reciben un agasallo, e tendo en conta que este ano non se pode saír a mercar, que mellor que facer un debuxo ou manualidades. Aquí tedes algunhas propostas!
Xoga aos detectives cos teus fillos e fillas creando mensaxes secretas que só os mellores investigadores poderán resolver. Aos nenos sorprenderalles saber como algúns alimentos permiten crear tinta máxica.
Material:
- Pincel ou bastonciño de algodón.
- Papel branco.
- Limón.
- Auga.
- Vela.
Pasos:
- Exprime o zume de limón nun bol e engade unha cullerada de auga.
- Mestura e, coa axuda dun bastonciño ou pincel, escribe a túa mensaxe no papel.
- Deixar secar.
- Pon unha vela debaixo (sen poñer o papel demasiado preto) e poderás ler a mensaxe.
Explicación:
O zume de limón oxídase e ponse de cor marrón cando se quenta, por iso podes ler a mensaxe. Ademais de limón podes usar zume de laranxa, mel diluida en auga, leite e vinagre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.