A contaminación ensucia as nosas casas, o aire que respiramos e tamén ensucia a nosa cara e roupa. Imos facer un experimento para que vexades o que fai a contaminación.
Esta é unha actividade que hai que facer dúas veces para que vexades como vai baixar a contaminación durante estes días de cuarentena. Na televisión din que xa baiuxou entre un 30 e un 50%. Será certo?
Ao non poder saír da casa, non empregamos os coches nin outros transportes. Facede agora o experimento e repetídeo cando todo isto remate. Veremos diferencia??
Material
- Cartolina.
- Bote ou tapóns de botella.
- Pinturas
Pasos
- Fai un debuxo nunha cartolina.
- Despois coloca a cartolina ao aire libre, protexida da chuvia e o sol. Deixaremos o debuxo durante uns días no lugar escollido. Enriba da cartolina colocamos o bote ou os tapóns de botella.
- Ao cabo duns días (mínimo unha semana) levantaremos as tapas para comprobar os cambios.
- A parte da cartolina que estaba protexida polo bote ou tapóns non terá cambios, pero as outras zona si. Unha zona estará limpa e a outra sucia. Cal é cal?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.