venres, 31 de xaneiro de 2020
Seguinte proba do ladrón
O ladrón mandounos outra nota e aparece esta foto. Sabemos que este monstro está en París.
QUE É?
- Unha gárgola.
- Un mono.
- Un monstro.
- Un morcego.
- Un monstro da noite.
ONDE ESTÁ SUBIDO ESTE MONSTRO?
- Na auga.
- Nunha igrexa.
- Nunha guarida.
- Na rúa.
- Nunha cova.
Deixounos os capítulos 1, 2 e 3. O 4 xa o temos no cole.
Temos que solucionar este enigma para que o ladrón nos mande outra nota ou outro capítulo ou... o conto.
QUEN PODE SER O LADRÓN? COMO ENTROU NA CLASE PARA ROUBAR O LIBRO?
- Vestiuse de profe e enganou a todos.
- Entrou pola porta sen que o viran.
- Entrou pola ventá e roubou o libro.
- A profe Icía estaba no baño, os nenos e a profe Lucía no patio e roubou o conto.
- Disfrazouse da profe Marta e os demais profes pensaron que estaba curada e deixárona pasar.
TEMOS QUE FACER OUTRA PROBA. Temos que facer o pasaporte para viaxar e sacar unha foto en cada cidade das que visitamos. A ver como facemos...
Etiquetas:
Monstros amarelos,
Monstros verdes,
Proxecto A volta ao mundo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.