mércores, 29 de xaneiro de 2020

Comezamos nova aventura: París

O ladrón manda y nós, como queremos recuperar o conto de Phileas Fogg, obedecemos.

Grazas a un bo traballo de investigación averiguamos que a imaxe que nos enviou o ladrón era a Torre Eiffel de París, en Francia.

Estaremos atentos ás posibles pistas que nos poida mandar.

Temos as nosas sospeitas sobre quen é o ladrón. Será a profe Marta que está "enferma" na casa? Será outro ou outra profe do cole? Serán Po e Rinho? Será algún pai ou nai? Non o temos nada claro...

Continuaremos investigando...









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.