xoves, 11 de xaneiro de 2024

A medusa

Aquí temos a información recollida polos nenos e nenas. Seguro que aparecerán moitos máis datos interesantes sobre as medusas.


María trouxo un libriño feito por ela con explicacións breves sobre a medusa.

Ao principio estaban tímidos pero pouco a pouco foron saindo datos dos que falastes na casa e os nenos memorizaron sen darse conta.

As medusas teñen moitos ollos e a cabeza chámase campá.


Lis dixo que as medusas non teñen cerebro. 


Zoe dixo que non teñen corazón nin sangue e Eloy que a súa boca está debaixo da cabeza.


Sofía dixo que algunhas medusas pican e son velenosas, e Triana que algunhas son brillantes.

Soraya trouxo unha medusa feita con teas e os compañeiros aplaudíronlle por traer unha marioneta tan bonita.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.