xoves, 18 de abril de 2024

Día do libro

 Xa temos preparados os nosos marcalibros para o día do libro. Nesta ocasión tinguimos as cartolinas con papel de seda. Mirade o bonito efecto que nos quedou.






As cunchas do mar

 Esta semana poidemos disfrutar dunha experiencia do máis motivadora. Apareceu esta caixa con cunchas de todos os tipos. Aprendemos a clasificalas, ordenalas por tamaños, cores, texturas. As poidemos cheirar, tocalas e crear con elas. Un material ó alcance de todos e do máis enriquecedor.






mércores, 3 de abril de 2024

As zonas mariñas

Os compañeiros e compañeiras de 5 anos fixéronnos unha pequena exposición sobre as zonas mariñas segundo a profundidade.

A verdade é que coñecían moi ben a lección.



Actuación do mago Marco


O EDLG invitou ao gran Mago Marco para rematar o segundo trimestre.

Todo o alumnado e profesorado quedou alucinado coa súa maxia.

Esperamos que volva pronto!

luns, 11 de marzo de 2024

Facemos neve

 É tempo de inverno, frío, de neve... Algúns nenos poideron ir a xogar ca neve que caiu estes días, e os que non poidemos ir á neve poidemos imaxinala con este invento. A aula dos paxariños fixemos neve artificial con espuma de afeitar e bicarbonato. Mirade que ben o pasamos.






sábado, 9 de marzo de 2024

Mural día da muller

 Este 8 de marzo as nenas e nenos de infantil plasmaron as súas mans nesta bonita árbore para facer un mural en conmemoración do día da muller. Mirade o ben que quedou.





Día da muller 8 de marzo

 As nenas e os nenos de 5 anos fixemos este bonito ramo de flores para regalarlle a esas mulleres traballadoras que teñen nas súas casas. Nais, avoas, tias, eles elexirarán a quen llo regalan. Feliz día a todas.







Os nosos tulipáns

 Non todo é traballo de libros e fichas no noso cole, tamén temos tempo de facer outras actividades como prantar a horta escolar e o xardín. Nesta ocasión xa podemos disfrutar dos tulipáns que prantamos no outono. Mirade qué chulada.










Audición da aula de música

 Nesta ocasión o alumnado de 4° de primaria regaláronnos unha audición polo día de Rosalía de Castro. Mirade como nos gustou a súa cantiga de "Adiós rios, adiós fontes".