Ola familias!
Que sorpresa levamos ao chegar das vacacións de Nadal.
Atopamos unha pequena medusa e unha carta. Podedes lela nesta entrada.
Agora tócanos a nós investigar. O importante é que os nenos se sintan protagonistas e sexan capaces de transmitir a información aos compañeiros.
Podedes traer contos relacionados co mar e os animais do mar. E logo información breve, concisa, sinxela e feita polos nenos.
Neste momento temos que traer información sobre as medusas: que comen, onde viven dentro no mar (area, algas, flotan...), partes do corpo (nome das partes, onde están situadas, se teñen boca e ollos), como se comunican...
Seguiremos anunciando o que hai que investigar
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.