venres, 28 de abril de 2023

Investigamos...

Os nenos e nenas de 5 anos estamos a traballar o corpo por dentro.


Temos moitas preguntas e precisamos da axuda das familias.


PREGUNTAS:


1. Como podemos ver o corpo por dentro?

Xa trouxemos radiografías que serven para ver o esquelete. Tamén trouxemos ecografías para ver os bebés dentro.

Pero se queremos ver os pulmóns ou o corazón, como os podemos ver?


2. Fixemos un debuxo para ver que é o que sabemos do corpo por dentro. Todos debuxamos o corazón. Pero que forma ten realmente? Para que serve? Onde está colocado? 

3. Sabemos que está conectado coas veas. Para que son as veas? Son azuis? Ou o corazón está encaixado aí sen máis?


Precisamos desta información para a volta da ponte de maio.

Todos os venres subiremos ao blogue as nosas dúbidas e descubrimentos. Estade atentos e atentas! A información traerase os luns. Mellor feita por eles e que sexan capaces de explicar esa información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.