Ola amiguiñxs!!
De "deberes" de Nadal propoñémosvos unha serie de xogos para traballar a motricidade fina.
Xogo de ensartar. Podedes empregar macarróns ou botóns cun cordel.
Decoración. Podedes empregar pedriñas, boliñas de papel, botóns, plastilina, calquera material que lle obrigue a empregar os dediños. Nun folio facedes raias, curvas, espirais ou debuxos e eles terán que colocar eses materiais pequenos enriba das liñas.
Xogo con pompóns e pinzas. Aquí hai que comprar material pero poden empregar os dedos e calquera material pequeno que teñades por casa. Hai que trasladar dun recipiente a outro.
Xogo con pinzas. Con pinzas da roupa e un trozo de cartón poden colocar a cantidade que vós lle digades. Así de paso traballan a recta numérica do 0 ao 10 e a cantidade.
Autonomía. Poñer o mandilón, abotoarse e desabotoarse, darlle a volta ás mangas, subir e baixar o pantalón, quitar calcetíns, poñer o velcro dos zapatos, subir e baixar a cremallera. Todas estas cousiñas axudan a mellorar a motricidade fina.
Desfruta das vacacións!!!! Voltaremos en Xaneiro coas pilas ben cargadas e con moita ilusión!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.