xoves, 4 de xuño de 2020

Xogamos a emocionarnos...




"Las cosas más bellas del mundo no se ven ni se tocan, sólo se sienten con el corazón."
El Principito.






 
   Hoxe, en día, se sabe que para que un nen@ logre un desenvolvemento integral temos que traballar diferentes ámbitos e un deles é o ámbito emocional.

  A educación emocional consiste en ofercerlle aos nen@s todas aquelas ferramentas e habilidades que lles permitan recoñecer e xestionar as súas emocións e as dos demáis e aprender a respetalas.
   Poñerlle nome ao que sentimos en cada momento non é un traballo doado para os nenos/as. Explicar como se sinten e canalizar ese cúmulo de emocións e unha tarefa que require moito traballo. Por iso, presentámosvos algúns recursos e actividades que poden favorecer o desenvolvemento emocional nos vosos pequenos/as.

   Un primeiro recurso que a maioría dos vosos fillos e fillas xa coñecerán e o CONTO "El monstruo de colores". Esta versión está moi chula, contada con moita paisón...






Outras actividades a través de XOGOS:

- Imitar emocións e temos que adiviñar de qué emoción se trata...

- Propoñer diferentes situacións e que o neno diga que emoción lle fai sentir. Por exemplo, un día de chuvia, unha masaxe, un xeado de fresa,...

- Busco imaxes reais de nenos/as ou adultos que expresen diferentes emocións e as clasificamos. O neno pode nomear a emoción e logo dicir cousas ou situacións lle fan a él se sentirse así...

- Debuxamos caras e as asociamos coas  súas emocións, sempre adaptado a súa idade
3 anos: lémoslles a emoción e terán que buscar a cara que a representa.
4 anos: eles xa poden axudar a facer as caras, e teremos que facer as palabras das emocións por duplicado. Dámoslle unha palabra e tarán que buscar a mesma palabra e a cara que a representa.
5 anos: debuxan as caras, escriben as palabras con  axuda se precisan. Logo so teñen que unir cara con emoción.



Tamén podemos aprender a bailar esta CANCIÓN cun estribillo moi sinxelo e pegadizo...





Outra idea que vos propoñemos é facer algunha MANUALIDADE relacionada co tema. 
  


Mirade que monstruos tan chulos. Pois só precisades elexir o que máis vos guste, un rolo de papel hixiénico, un pouco de pintura e mans á obra!!







Esta manualidade é como unha especie de EXPERIMENTO, de seguro que aos voso fillos/as encántalle facelo. Construir un "bote da calma" con productos caseiros. Aquí tedes 4 versións...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.