mércores, 17 de xuño de 2020

Quérote máis que a tortilla de patacas con xamón. LSE

Bos días nen@s.

Hoxe deixámosche unha canción que nos gusta moito e que dedicamos a todos vós agora que a piques de rematar o curso.

Esta versión é un pouco especial xa que se interpreta con linguaxe de signos, recordade que hai nenos que non poden falar pero poden comunicarse por  xestos .

Quen se acorda como se dí  bos días co corpo?

Animámosvos a bailalo, aprendelo e memorizar o estribillo con linguaxe de signos.




Tamén vos deixamos as nosas cancións de rutina matutina en signos para que non esquezades os días da semana que moitos de nos xa estabamos a aprender.








Xa sabedes practicade moito, e sobre todo recordade que as profes : querémosvos máis que a tortilla de patacas con xamón!!


Un biquiño moi forte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.