mércores, 13 de maio de 2020

Motricidade fina 🖐🏻🖐🏻

Xa vimos repetindo moitas veces o importante que é traballar cas manciñas nesta etapa de infantil.Mover as mans,os dediños ,control do pulso son actividades que lles levarán a unha madurez e por tanto a un control da grafía.Agora vos propoñemos unhas series de actividades que podedes levar a cabo cos nenos de forma lúdica.

Aqui temos un traballo moi sinxelo con clips que seguro que tendes por casa.Simplemente os teñen que ir poñendo en cartuliñas (xa que é mais sinxelo ).Os de  cores son mais atractivos pero os outros tamén serven.

Se non tendes clips podedes usar pinzas da roupa .Xa vedes que hai moita variedades .
 Outro tipo de actividade é facer buracos nunha caica ou cartón de leite e intentar meter palliñas,bastonciños ou outro material que teñades por casa.
Outra posibilidade neste días de confinamento é facer collares con pasta ou outros ensertables que teñades por casa .Mirade que idea tan práctica.E se son de cores moito mellor .

Mirade que tirachinas tan divertido .Solo fai falta un tubo de papel hixiénico e un globo.Faredes un xoguete o mesmo tempo que traballan cos seus dediños .
 E que me decides desta proposta tan imaxinativa.LLe poñemos obxectos nun recipiente con  auga e a pescar con axuda dun poució ,palliña...Gaña o que mais peixe.

Unha actividade moi estimulante para os nenos é cravar cousas,Aqui vos propoñemos unhas actividades con material de refugallo como catóns ou bandexas e uns palillos que seguro que tendes por casa .Solo lle tendes que facer un debuxo ou formas e a pinchar .

O cosido é outra actividade que non hai que olvidar ,pero a esta actividade xa lle adicamos outra sesión .
Aqui temos outro material de refugallo que nos sirve para facer seriacións,clasificacións e por suposto traballar cos dediños


Mirade outra variedade é poñer limpiapipetas nun escurridor .Mirade que entretido é .




Se tendes por casa unhas pinzas de plástico ou similar podedesllas ofreces ós nenos para que metan obxectos nun bote .

Mirade que sinxelas e bonitas castañolas podes facer . Solo cunhas tapas de refresco pegadas nun cartón.E veña a facer música ,bailar e traballar cos dediños .



E xa para rematar de propostas ,invitade ós nenos a entrar na cociña e que intenten facer eles solos a súa merenda 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.