mércores, 29 de abril de 2020

Sombra aquí e sombra alá

Pintamos as sombras

Proposta de actividade artística

Que precisas?
  • A luz do sol ou unha lámpada.
  • Rotulador ou cera dunha cor escura
  • Folios ou papel en branco
  • Xoguetes, elementos naturais ou obxectos con forma ben definida

Pasiños a seguir...

  • Fai unha composición cos obxectos, elementos naturais ou xoguetes elixidos nun espazo onde recibas ben a luz solar, ou axúdate dunha lámpada.
  • Cando remates fíxate cara onde se proxecta a sombra da túa composición e coloca ahí o folio.
  • Repasa a silueta cun rotulador ou cera negra.
  • Cando teñas a silueta dálle vida ao teu debuxo e decora o fondo coa técnica que máis che guste. 

Lembrade: 
              "Todo neno é un artista o problema é seguir séndoo cando un crece"

(Pablo Picasso )          

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.