luns, 20 de abril de 2020

RECICLAMOS E APRENDEMOS XOGANDO.

    Son moitos os xogos que podemos facer utilizando os tapóns de envases baleiros.  Hoxe amosámosvos algúns exemplos  que podedes facer na casa estes días con axuda dos nen@s.

    Só precisamos tapóns, moitos tapóns, pegatinas  con forma de círculo de cores variadas ( tamén podemos empregar rotuladores permanentes), pegamento forte ( ou silicona ) e algúnha caixa de cartón.  E moita, moita imaxinación.

    As posibilidades de aprendizaxe son enormes. Animádesvos?


      As combinacións cos tapóns son innumerables, podedes facer dende bonecos, xogos de movemento  ata extraordinarios robots que sen dúbida atraparán ós nen@s.


 E todo con material de refugallo que teñades pola casa. Se queredes dotalos de movemento bastará con facer buratos nos tapóns e pasar por eles un arame ou uns limpiapipas. Sinxelo e moi divertido !

        Pero tamén podemos aproveitalos para traballar LECTOESCRITURA : formar palabras, compoñer nomes,...  E de paso tamén traballamos a motricidade fina cada vez que enroscan ou desenroscan os tapóns.





 E por qué non  a LÓXICA - MATEMÁTICA si os empregamos para facer series  de cores,  asociar a grafía dos números coa cantidade que lle corresponde ou incluso sumas. 






 Non digades que non teñen posibilidades os tapóns!

 
 Ánimo, a traballar   e a xogar!


 Que non quede ningún tapón!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.