venres, 3 de abril de 2020

🐣 Pascua

O tempo pasa e xa chegamos ás vacacións de  Pascua🐣 . Como é tradición nestas datas podemos decorar 🥚 óvos con distintos materiais. Aquí vos deixamos unhas mostras que esperamos que vos gusten.





Poden decorar este bonito coelliño ,recortalo e poñelo nas ventás para que non se olviden os nen@s que seguro van ter un regaliño dos padriños ao rematar a cuarentena.




Propoñémosvos unha serie de modelos de coroas que podedes imprimir, decorar e disfrazarvos con elas. Para todos os membros da familia.


Para traballar a orientación espacial suxerimos estos sinxelos labirintos.


Unha actividade sinxela de lóxico-matemáticas: Nunha tarefa teñen que contar os oviños e rodear o número. A outra é un puzzle e teñen que recortar as partes e intentar facer a cesta ordenadamente .


 

Outra actividade moi estimulante para estas datas é A BÚSQUEDA DOS ÓVOS. O ano pasado, realizámola cos nen@s de tres anos no patio do cole e pasáronp moi ben. Consiste en esconder os óvos de Pascua pola casa e teñen que atopalos para poñelos todos xuntos. Ollo!! Non se poden comer ata rematar o xogo. Podémoslle dar pistas de localización ..enriba de..debaixo de.. á dereita de..



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.