Nas nosas casas hai un montón de obxectos que nos rodean de diferentes
formas e tamaños: círculo, cadrados, triángulos, rectángulos...
Presentámosvos algunhas figuras, cales coñecedes?
CANCIÓNS
Toca escoitar unhas cancións divertidas que vos axudarán a non esquecer os seus nomes.
ACTIVIDADES
Buscar obxectos de diferentes formas: tapas, botóns, fichas, caixas... Repasar polo bordo nun folio e colorear.
Representar as formas con plastilina, escarvadentes e plastilina, paus de xeado, palliñas, ou o material que teñades por casa. Antes podedes facer un reconto de cantos pauciños e bolas de plasti precisades.
Unir puntos para formar figuras.Representar as formas con plastilina, escarvadentes e plastilina, paus de xeado, palliñas, ou o material que teñades por casa. Antes podedes facer un reconto de cantos pauciños e bolas de plasti precisades.
Facer colares.
Crear pistas para coches e recorrelas.
Encaixar as figuras na súa forma.
-
Estampar con tubos de papel hixiénico.
Dobrar un anaco de folio pola metade para debuxar unha forma e recortar. Obtemos un debuxo simétrico.
FICHAS
Propoñémosvos fichas de diferente grado de dificultade, elexide as que máis se adapten ós vosos nenos/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.