luns, 30 de marzo de 2020

Xogamos cos avións.

Bo día familias!

Hoxe propoñemos facer unha actividade moi divertida: faremos voar uns avións de papel e tentaremos metelos por uns buratiños para poñer a proba a nosa puntería. Atrevédesvos ? 

Primeiro teredes que facer os avións con papel (folio, revistas, xornal...) podedes colorealos previamente das cores que queirades. Gústannos os colorinchos!! Para iso deixámosvos aquí un exemplo : 




Desta forma traballaremos a psicomotricidade fina, coordicación oculo-manual e a atención coa técnica de papiroflexia.

Sabedes que os nosos amigos Xaponeses chámanlle a este técnica Origami? "ori" (dobrar) "gami" (papel).

Unha vez feitos os avións colleremos unha cartolina, ou empatamos folios e facémoslle buratiños de diferentes tamaños, colocámolo nunha altura e a xogar...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.