Comezamos a carreira nun extremo da casa. No primeiro cuarto xogaremos a tocar o balón: primeiro 3 golpes cunha man, despois coa outro, cos pés, coa cabeza... En canto o consigamos pasamos á seguinte etapa.
Como seguramente non teñamos sacos para meternos dentro, podemos atarnos os pes e ir dun extremo do corredor ao outro saltando. Tamén podemos cambiar isto por ir gateando ou marcha atrás ou arrastrando o cu polo chan. Seguinte etapa!
Cantamos as vogais! Isto é moi fácil e podemos complicalo un pouco máis. Teñen que dicir palabras que empecen por cada unha das vogais. Podemos complicalo máis! Teñen que escribir unha palabra que empece por cada unha das vogais. Seguinte etapa!
O máis seguro e que tampouco teñamos bolos en casa. Podemos usar botellas ou bricks baleiros e temos que tiralos lanzando a pelota cos pés. Seguinte etapa!
Adorna a ventá con pegatinas, debuxos, adornos, o que a inspiración do neno/a lle permita! O adulto ten que dicir o número de adornos que ten que facer o neno (4 flores, 6 bolboretas, 2 vermes, 3 xoaniñas) Canto máis alegre a ventá, máis alegres os veciños! Seguinte etapa!
Pasa por debaixo da mesa de estudio. Se queremos complicalo podemos facer o xogo da misión imposible láser na mesa. Seguinte etapa!
Salta a cadeira! Tamén podemos saltar no sofá ou na cama un número de veces determinadas, ou pasar por debaixo. Seguinte etapa!
Fai un puzzle! Podemos complicalo. Podemos buscar unha imaxe para colorear, por exemplo da primavera, imprimila e que os nenos a coloreen. Despois facédeslle unhas raias para recortar a imaxe e, por último, noutro folio terán que pegala ordenadamente. Seguinte etapa!
Chegamos á meta! Cal será o noso premio? Aí decidides as familias! Sorte no xogo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.