Bo día familias, a pesar de estar nas nosas casiñas, a vida segue fóra e a primavera non pode esperar. Co motivo da chegada desta estación, dende o Equipo de Educación Infantil propoñemos unha serie de actividades que podedes facer en familia:
A primeira é unha proposta de música clásica que vos servirá como relaxación para calmar o estrés destes momentos que estamos a vivir. Animámosvos a que vos tumbedes cos vosos fillos e cunha pequena pelota pequena, vos fagades masaxes uns aos outros.
VALS DE LAS FLORES DE TCHAIKOVSKY
Despois deste momento de relaxación, podedes bailar "La primavera ya llegó" Rock infantil para poñervos as pilas e continuar coa xornada.
LA PRIMAVERA YA LLEGÓ
Ademais de música, temos outra proposta. So necesitaredes un bote baleiro de iogur, un trozo de algodón, auga e o máis importante, unha faba ou unhas lentellas,...
Seguro que máis de un xa sabe de que se trata... Imos prantar e como temos moito tempo podemos seguir a súa evolución día a día e levar un rexistro debuxando e, quen queira, escribindo, o crecemento da nosa prantiña. Non esquezades regala e poñela un ratiño ao sol pero ollo, que non se achicharre!!
Deixámosvos tamén, unha proposta de manualidades relacionadas coa primavera...
Hola! A proposta de manualidades non se aprecia ben, algún sitio onde se vexan máis grandes??? Gracias!! :)
ResponderEliminarSe clicas na imaxe, está o enlace que te levará onde están diversas manualidades :)
Eliminar