Cápsula do tempo
Bo día familias! seguindo co fío do conto do "Monstro de cores", reflexionando sobre as nosas emocións nestos días tan complicados (tanto para pequenos como adultos), dende o equipo de infantil cremos que é un momento moi especial e significativo na nosa historia...un momento para deixar un recordo das emocións, sentimentos, medos, preguntas...todo o que queirades gardar! polo que vos animamos a confeccionr unha CÁPSULA DO TEMPO....
Os pasos a seguir son:
Decoramos unha caixa de zapatos, ou de galletas, un bote...
Poñémoslle a data e o noso nome.
Metemos dentro da caixa o que nos resulte significativo: unha mensaxe, algún obxecto, etc...
Buscamos un lugar especial en casa para gardala.
Será un recordo dunha experiencia que nunca olvidaremos.... e recordade....
" TODO VAI A SAÍR BEN!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.