xoves, 9 de xaneiro de 2020

Novo proxecto!

Onte, Po e Rinho (as mascotas da biblio) deixáronnos unha nota. Nela explicaban que foran a Londres de vacacións. Trouxéronnos o conto "Vuelta al mundo en 80 días" de Julio Verne.
Por outro lado, os reis magos fixéronnos un agasallo: unha bóla do mundo. Atopamos Londres e observamos que hai moito que ver na Terra. 
Po e Rinho propuxéronnos traer debuxos de monumentos de Londres. Non podemos traer material mercado, todo témolo que explicar nós soíños, sen axuda das profes. 
Aquí temos os primeiros voluntarios en traer material. 
Esperamos a vosa participación!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.