O ladrón que roubara no Banco de Londres roubonos o libro!! Estaba un pouco enfadado porque no anterior capítulo case non se falara del. Quería ser o protagonista!
No conto aparece como un ladrón elegante, rubio, con patillas e bigote. Moi parecido a Phileas Fogg, agás no sombreiro, que non se di nada. Será Phileas Fogg o ladrón?
Na nota di que, se queremos recuperar o conto, temos que averiguar de onde son uns obxectos e viaxar alí.
Pronto soubemos que se trataba da bandeira de Londres e o Big Ben. E tamén temos sospeitas de que o outro monumento é a Torre Eifell.
Agora temos que viaxar a París. Traede información en forma de debuxos feitos polos nenos e nenas e que sexan capaces de explicar!
Adeus Londres! Grasas polas aventuras vividas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.