Álex móstranos un libro do corpo humano cunha morea de curiosidades.
Mar fixo o debuxo dun corazón con moitas venas
E Vera, con axuda da súa madriña, fixo uns pulmóns artificiais con globos para observar o funcionamento dos nosos pulmóns.
Vera trouxo a clase un estetoscopio e puidemos escoitar o corazón dos compañeiros. Todos escoitamos o corazón de alguén.
Chegamos á conclusión de que ningún compañeiro é un zombi. Mirade que ocurrencias!!
Por último (esta semana) Cris trouxo un libriño feito por ela con axuda do seu papá onde aparecen escritas diferentes palabras do corpo. Mar pasa o día debuxando en casa e trouxo un cerebro rodeado do cráneo que sirve para protexelo.
Moitas grazas pola cosa participación familias!! Os nenos e nenas están enganchadísimos a este proxecto! Calquera pequena aportación é boa. O importante é que se sintan protagonistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.