mércores, 19 de xuño de 2019

Recomendacións de verán

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

       Divertirse coa familia. É un bo momento para pasar máis tempo coa familia e desfrutar xuntos xogando, falando, compartindo, etc.
       Divertirse cos amigos. Xuntarse cos amigos para xogar, falar, facer manualidades, ir a algún lugar bonito, etc.
       Facer actividades motrices. Nadar, correr, trepar, recortar, coser, pintar, debuxar, escribir, patinar… Todo vale!
       Colaborar en casa. Ti xa acabaches o teu traballo pero os teus país teñen moito que facer. Axúdaos coas tarefas da casa: recoller o teu cuarto, limpar, fregar, etc.
       Se máis autónomo. Cepillar os dentes, ir só ao wc, vestirse, desvestirse, comer só, etc.
       Aprende cancións novas, poesías, trabalinguas, historias que vos conten os avós e avoas…
       Le! Da igual que saibas ler ou non. Podes inventar a historia e contarlla aos teus irmáns. O importante é crear un vínculo coa lectura.
       Vai de excursión a algún sitio bonito e desfrutar da compañía.
       Cena nunha terraza con xardín.
       Vai ao monte e busca diferentes insectos e animais.
       Debuxa canto vexas pola rúa ou nas túas viaxes.
       Toma o sol na Praia ou na piscina. Pero sempre con proteción solar e evita as horas de máis calor.
       Come san. Evita as chucherías e bollería industrial, come moita froita fresca.
       Camiña pola beira do mar e observarcomo se move a auga.
       Tírate no chan e mira o ceo para buscar formas nas nubes.
       Pasa un día ti só con mamá.
       Pasa un día ti só con papá.
       Dalle unha sorpresa a alguén que ti queiras moito.
       Escoita cantar un grilo pola noite.
       Vai de picnic.
       Se escribes, procura coller ben o lapis, con dediños de paxariño; e fai as letras sempre dende arriba para abaixo.
       Xoga coa plastilina, mellor sen rodillos e coitelos. Así fortalecerás os dedos das mans.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.