Ola a tod@s!
Despois das vacacións de Nadal, comezamos o segundo trimestre cargado de sorpresas!
Entramos en clase e... atopamos todo isto!
- Un libro sobre as profundidades mariñas.
- Diversas manualidades de animais mariños: un cangrexo, un cabaliño de mar e unha medusa
- E unha carta de Po e Rinho (as mascotas de BiblioXoferlo) que nos propoñen traballar o mar.
Estamos moi emocionados e precisamos da axuda das familias! Estade moi atentos ao blogue de infantil!
Un saúdo de parte de todos os monstriños!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar